A Axencia de Turismo de Galicia convoca axudas para actuacións de mellora das infraestructuras dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración. En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos: establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos, así como empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I (só restaurantes). (Código Procedemento: TU503A)
BENEFICIARIOS
Persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos e teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda.
REQUISITOS:
- + No caso de empresas deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).
- + Deberá acreditarse, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice ao beneficiario a realizar o investimento subvencionado.
- + Deberase acreditar unha antigüidade da actividade turística de aloxamento e restauración no exercicio no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data de solicitude da axuda. Admitiranse as modificacións de titularidade por sucesión familiar.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- 1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas
- 2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de calidade turística.
- 3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecementos que supoñan un incremento da categoría.
- 4. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións,así como embelecemento do contorno.
- 5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
- 6. Actuacións de mellora de climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
- 7. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización.
- 8. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Ata o 13 de febreiro.
CUANTÍA DE LA AYUDA
O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. O importe máximo da axuda poderá acadar o 60 % do investimento subvencionable, establecéndose un máximo de 60.000 euros por proxecto, dependendo da puntuación alcanzada.