
A finalidade de estas axudas é dar apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2021. – (código de procedimiento CT213A)

BENEFICIARIOS
1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases. Para a modalidade B (festivais de artes escénicas), poderán presentarse, ademais, as entidades locais galegas.
2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxun-tamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas deberá acreditar-se que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
3. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cum-prisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decre-to 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.
4. As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas da Agadic se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
5. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitan-tes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursas en tales circunstan-cias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
REQUISITOS DOS FESTIVAIS
Para optar a estas axudas os festivais terán que cumprir os seguintes requisitos:
Modalidade A (festivais de música):
- a) O festival debe celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro do ano 2020 e o 31 de outubro do ano 2021. Enténdese incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2021 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.
- b) O festival ten que ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.
- c) O festival ten que desenvolverse dentro dun único período de quince días e dous dos días, como mínimo, deben ser consecutivos.
- d) O festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 30 % do orzamento subvencionable.
- e) O festival debe programar un mínimo de seis grupos.
- f) Un mínimo do 60 % dos concertos teñen que ser con entradas de pago.
Modalidade B (festivais de artes escénicas):
- a) O festival debe celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro do ano 2020 e o 31 de outubro do ano 2021. Enténdese incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2021 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.
- b) O festival ten que ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.
- c) O festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 30 % do orzamento subvencionable.
- d) O festival debe programar un mínimo de seis compañías.
- e) As compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia teñen que representar, como mínimo, o 60 % do orzamento de contratación profesional artística do festival.
- f) O 50 % do total das actuacións profesionais artísticas que se programen deben estar compostas maioritariamente por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade en Galicia, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.
- g) Un mínimo do 30 % das representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de rúa.
En materia de subcontratación, observarase o establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establecen que unicamente se subcontratará total ou parcialmente a actividade subvencionada cando a normativa reguladora da subvención así o prevexa e no suposto de que tal previsión non figure ata o 50 % do seu importe.
En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido.
CONTÍA DA AXUDA
Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 540.000 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes: 10.A1.432B.460.0, 60.000 euros, 10.A1.432B.470.0, 360.000 euros e 10.A1.432B.481.0, 120.000 euros, do código de proxecto 2015-00003, en función das dispoñibilidades orzamentarias existentes na Axencia Galega das Industrias Culturais para o ano 2021, que se distribúen:
- – Para a modalidade A (festivais de música), 340.000 euros con cargo ás aplicación orzamentarias 10. A1.432B.470.0, 300.000 euros e 10.A1.432B.481.0, 40.000 euros.
- – Para a modalidade B (festivais das artes escénicas), 200.000 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias: 10.A1.432B.460.0, 60.000 euros, 10.A1.432B.470.0, 60.000 euros e 10.A1.432B.481.0, 80.000 euros.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Dende o venres 30 Abril do 2021 a luns 31 Maio do 2021.