Convocatoria do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, para o ano 2022 (Código de procedimiento: TR760A)

Descarga Bases Reguladoras – DOG núm 85, 03-Maio-2022
PERSOAS BENEFICIARIAS
  • 1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA como persoas traballadoras por conta propia, as comunidades de bens ou sociedades civís, as microempresas e os mutualistas, sempre que estean de alta ou en situación asimilada, que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia, que tivesen unha alta anterior ao 1 de xaneiro de 2019 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 65 % nos termos establecidos no artigo 9.
    Considerarase microempresa para efectos desta orde a que vén recollida no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, en que se define a microempresa como aquela empresa que ocupa menos de dez traballadores e cun balance xeral anual inferior a dous millóns de euros.
  • 2. As persoas traballadoras autónomas de tempada que estean de alta no momento da presentación da súa solicitude e estivesen de alta un
    mínimo de catro (4) meses e un máximo de nove (9) meses no ano 2019.
  • 3. Unicamente se pode presentar unha solicitude por persoa física ou xurídica.
  • 4. Quedan excluídas desta orde as actividades en que convocaron axudas de xeito específico as consellerías da Xunta de Galicia competentes por razón da materia, entre outras, axudas para hostalaría, hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, axencias de viaxes, lecer nocturno, pesca, acuicultura ou marisqueo, e as actividades culturais coma orquestras.
    Exceptúanse do indicado no parágrafo anterior aquelas persoas beneficiarias que desenvolvan a súa actividade sen teren establecemento permanente aberto ao público.
  • 5. Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 65 % comparando o ano 2019 co ano 2021.
  • 6. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
  • 7. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 9 desta orde.
REQUISITOS
  • 1. Que está de alta ou situación asimilada no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA, ou na mutualidade correspondente) ou que é unha persoa autónoma de tempada que está de alta no momento da solicitude.
  • 2. Que teña o domicilio fiscal en Galicia.
  • 3. CNAE (Clasificación nacional de actividades económicas) da actividade pola cal solicita a axuda.
  • 4. A baixada de facturación de, polo menos, un 65 % no ano 2021 en comparación co ano 2019.
  • 5. Que facturou un mínimo de 4.000 euros no ano 2019, o cal deberá acreditar documentalmente segundo o artigo 11.1.b) desta orde.
  • 6. Que non está incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de persoa beneficiaria segundo o establecido nesta orde.
  • 7. Declaración de calquera outra axuda temporal relativa aos mesmos gastos subvencionables que, en aplicación do Marco nacional temporal, ou en aplicación da comunicación da Comisión Marco Temporal relativa ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo da COVID-19, recibise durante o exercicio fiscal en curso.
  • 8. O cumprimento do requisito de tratarse de empresas ou persoas autónomas que non están en crise e/ou empresas ou persoas autónomas que non estaban en crise o 31 de decembro de 2019.
  • 9. Que son veraces todos os datos reflectidos nesta declaración responsable.
  • 10. Que, coa presentación desta solicitude, acepta a subvención.
IMPORTE DAS AXUDAS

O importe das axudas está en función da facturación que se acredite no ano 2019 e conforme a seguinte táboa:

  • + Facturación superior a 30.000 €: 12.000 €.
  • + Facturación superior a 20.000 € e ata 30.000 €: 8.000 €.
  • + Facturación superior a 12.000 € e ata 20.000 €: 6.000 €.
  • + Facturación superior a 8.000 € e ata 12.000 €: 4.000 €.
  • + Facturación superior a 5.000 € e ata 8.000 €: 2.000 €.
  • + Facturación igual ou superior a 4.000 € e ata 5.000 €: 1.000 €.

Para os autónomos de tempada, os importes reduciranse ao 50 %.

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I, segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberase cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios e serán unicamente
válidas as solicitudes que se presenten no modelo establecido.​​​​

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Desde 0 4 de maio ata o 3 de Xuño de 2022.

ORZAMENTO

2.700.000,00 euros

CONCURRENCIA NON COMPETITIVA (por orde de entrada)