
RESOLUCIÓN do Consello de Dirección do IGAPE que aproba as bases reguladoras das novacións para o refinanciamento de débedas co Instituto, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 en réxime de concorrencia non competitiva. – Código de procedemento: IG534D

TIPOS DE APOIO
En función da situación da débeda que se vaia novar, as operacións revestirán as seguintes modalidades:
- 1. Novación modificativa e, se for o caso, extintiva, de préstamos en vigor, para axustar o calendario de reintegro á capacidade de reembolso do titular. En todo o non modificado na novación mantense vixente o establecido no contrato inicial de préstamo.
- 2. Novación extintiva de préstamos vencidos, ou das cotas ou cantidades impagadas de préstamos en vigor. Poderán formalizarse tanto cos titulares iniciais como cos garantes ou fiadores, ou cos titulares de bens que garantan a débeda. En todos os casos suporá a formalización dun nova operación.
As solicitudes serán resoltas por orde de entrada de solicitudes completas no Igape, ata a total utilización do orzamento de convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva.
BENEFICIARIOS
Poderán ser titulares das operacións de novación reguladas nestas bases as persoas físicas e/ou xurídicas que cumpran algún dos seguintes requisitos:
- a) Que sexan titulares de débedas vivas co Igape con saldos vencidos e presenten dificultades de liquidez que non lles permiten afrontar as obrigas de pagamento co calendario actual do préstamo.
- b) Que sexan titulares de débedas co Igape derivadas da falta de pagamento de préstamos xa vencidos.
- c) Que sexan fiadores de préstamos do Igape con débedas vencidas.
- d) Que sexan titulares de bens que garantan débedas vencidas co Igape, derivadas da falta de pagamento de préstamos, e pretendan facer fronte ao reembolso das débedas para evitar a perda do ben.
Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para os titulares sinalados nas letras a) e b) anteriores exceptúanse as circunstancias previstas nas letras b), e) e g) do citado artigo 10.2, en atención á natureza das novacións reguladas nestas bases cuxa finalidade é o reintegro de débedas preexistentes.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
O Igape concederá as operacións previstas nestas bases aos solicitantes que cumpran as condicións establecidas, salvo que se aprecie algún dos seguintes motivos de denegación:
- a) Falta de capacidade de reembolso da solicitante para a operación regulada nestas bases. li>b) Non se supera a puntuación mínima na cualificación do risco de crédito realizada polo Igape conforme a metodoloxía descrita no anexo II.
- c) Falta de coherencia do calendario proposto co plan financeiro da solicitante.
- d) Vontade inxustificada de subordinación do reembolso da débeda co Igape fronte ao pagamento a outros acredores ou outras aplicacións dos recursos financeiros dispoñibles.
- e) Falta de asunción de compromisos que poidan ser razoablemente exixibles, tales como o mantemento de actividades, emprego, etc.
- f) O menoscabo da solvencia da parte debedora ou avalista.
- g) Cando, da análise do risco e do plan económico financeiro presentado, non se infira a necesidade de novar a débeda.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
- 1. Que se esgote o crédito orzamentario.
- 2. O 30.12.2020.