Axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias en Galicia para o ano 2024 incluíndo intervencións contidas no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC). (Códigos Procedementos: MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).
BENEFICIARIOS
- 1. Sen prexuízo do previsto no capítulo III, en todo caso, as persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- 2. Así mesmo, as persoas beneficiarias deberán dispor dunha contabilidade específica Feader.
CONDICIONANTES
- 1. As axudas reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra axuda que co mesmo fin concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido e en relación coa incompatibilidade destas axudas con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable.
- 2. No marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do Plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 ou de instrumentos da Unión, se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicables a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) 2021/2115.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
Só serán elixibles os investimentos que se realicen con posterioridade á data de presentación da solicitude, agás os gastos xerais dos proxectos. Inclúense obras e/ou instalacións fixas, cando exista un certificado do técnico competente da Consellería do Medio Rural en que se faga constar o non inicio destas.
Convócanse para o exercicio orzamentario 2024, con carácter plurianual, as seguintes axudas:
- a) MR404A - Establecemento de persoas agricultoras mozas.
- b) MR404B - Establecemento de novos agricultores.
- c) MR405D - Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.
- d) MR405E - Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Pequenas explotacións.
- e) MR405F - Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias.
- f) MR405G - Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Pequenas explotacións.
DISPOSICIÓNS ESPECÍFICAS
Procedementos MR405D e MR405E
Requisitos das persoas beneficiarias:
- 1. As persoas que desexen acceder ás axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais deberán cumprir os seguintes requisitos:
- a) Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou ben ser novo agricultor que se establece cun plan empresarial que inclúe actuacións en materia de mitigación-adaptación ao cambio climático e o ambiente, excepto no caso de persoa agricultora moza ou nova que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas.
- b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
- c) Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.
- d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.
- e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.
- f) A solicitude ten que ser viable economicamente.
- g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020, sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.
- h) Non ter unha axuda concedida pola mesma intervención.
- i) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo de solicitude os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles.
- 2. No caso de solicitantes do procedemento MR405D, deberán cumprir, ademais, que a explotación ten que ter unha dimensión suficiente que, como mínimo, se traducirá nunha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual.
- 3. No caso de solicitantes do procedemento MR405E, deberán cumprir, ademais, ser pequena explotación e residir no concello onde se atopa a explotación ou en concellos limítrofes.
Investimentos elixibles:
- a) Investimentos relacionados coa xestión eficiente de estercos e xurros (sistemas de almacenamento e/ou cubrición de almacéns de esterco ou xurro).
- b) Investimentos en mellora da xestión e aproveitamento dos estercos e xurros:
- + Nitrificación-desnitrificación.
- + Separación sólido-líquido.
- + Compostaxe.
- + Dixestión anaerobia.
- c) Investimentos en produción de enerxía renovable para uso exclusivo en autoconsumo na explotación: solar térmica, solar fotovoltaica, biomasa, eólica, aerotérmica ou xeotérmica.
- d) Os custos xerais vinculados aos investimentos anteriores.
Nesta intervención NON serán subvencionables os seguintes investimentos:
- a) O IVE, as taxas, licenzas administrativas ou outros impostos.
- b) Os xuros de débeda e os seus gastos.
- c) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.
- d) Os gastos de procedementos xudiciais.
- e) A adquisición de terreos por un importe superior ao 10 % do custo total elixible.
Establécese o seguinte importe de investimento elixible mínimo:
- + Para o procedemento MR405D: 20.000 euros.
- + Para o procedemento MR405E: 5.000 euros.
O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 75 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
- a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser persoas mozas.
- b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
- c) 10 % no caso de investimentos en explotacións de agricultura ecolóxica.
- d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotación sexa muller. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser mulleres ou que as persoas socias mulleres acrediten máis do 50 % do capital social.
No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.
A contía máxima da axuda establécese en:
- + Para o procedemento MR405D: 40.000 euros.
- + Para o procedemento MR405E: 10.000 euros
Procedemento MR404A
Requisitos das persoas beneficiarias:
- a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.
- b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda (excepción para a incorporación nunha forma xurídica).
- c) Cumprir a condición de agricultor profesional dentro dos 18 meses seguinte á data de establecemento.
- d) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.
- e) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento.
- f) Presentar un plan empresarial co seguinte contido mínimo:
- a. Unha descrición da situación inicial da explotación agraria, indicando as fases e os obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.
- b. Unha descrición da situación unha vez realizado o plan de empresa, incluíndo, polo menos, os seguintes datos:
- i. Superficie da explotación, especificando a superficie dos distintos cultivos, e cabezas de gando, por especies, e rendementos medios de cada actividade produtiva.
- ii. Maquinaria, equipamentos, melloras territoriais e edificacións.
- iii. Composición e dedicación da man de obra.
- iv. Plan de produción, que incluirá información relativa á produción bruta de cada actividade produtiva, aos gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.
- v. Análise económica do proxecto. Esta análise incluirá: previsións económicas, estrutura de financiamento e rendibilidade
- vi. Actuacións que se van realizar.
- c. Un plan de investimentos (información detallada sobre investimentos e prazos), se é o caso, en que se indiquen as melloras que se van realizar, establecendo o seu impacto no cambio climático (emisións de gases efecto invernadoiro, capacidade de adaptación), que inclúa medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo auga eficiente, etc., e no cal figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea-estatal-autonómica así o require, prestando especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas na Rede Natura 2000.
- d. Información detallada, se é o caso, sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agraria, incluíndo as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.
- g) Permanecer na actividade agraria durante un prazo de 5 anos desde o pagamento final da axuda.
- h) Participar no programa de titorización a persoas agricultoras mozas que presta a Consellería do Medio Rural. O proceso de incorporación deberá ser tutelado polo persoal técnico agrario das oficinas rurais da Consellería do Medio Rural do ámbito territorial da área comarcal onde se localice a explotación agraria.
- i) Non ter recibido axuda por primeira instalación.
Cantidade:
- 1. O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros en función da aplicación dos seguintes criterios:
- a) 10.000 euros por ser muller.
- b) 10.000 euros por explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
- c) 10.000 euros por explotación de agricultura ecolóxica.
- d) 10.000 euros por titularidade compartida.
- No suposto de que se instalen varias persoas simultaneamente na mesma explotación, os incrementos establecidos nas alíneas b), c) e d) repartiranse a partes iguais entre as persoas que se instalen.
- 2. No caso de incorporación en explotacións intensivas, a axuda limitarase a 30.000 euros.
Procedemento MR404B
Requisitos das persoas beneficiarias:
- a) Ter entre 41 e 55 anos de idade, ambos incluídos.
- b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda.
- c) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.
- d) Posuír o nivel de capacitación profesional mínimo de 150 horas no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento. A acreditación da capacitación realizarase segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
- e) Presentar un plan empresarial co seguinte contido mínimo:
- a. Unha descrición da situación inicial da explotación agraria, indicando as fases e os obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.
- b. Unha descrición da situación unha vez realizado o plan de empresa, incluíndo, polo menos, os seguintes datos:
- i. Superficie da explotación, especificando a superficie dos distintos cultivos, e cabezas de gando, por especies, e rendementos medios de cada actividade produtiva.
- ii. Maquinaria, equipamentos, melloras territoriais e edificacións.
- iii. Composición e dedicación da man de obra.
- iv. Plan de produción, que incluirá información relativa á produción bruta de cada actividade produtiva, aos gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.
- v. Análise económica do proxecto. Esta análise incluirá: previsións económicas, estrutura de financiamento e rendibilidade.
- vi. Actuacións que se van realizar.
- c. Un plan de investimentos (información detallada sobre investimentos e prazos), se é o caso, en que indiquen as melloras que se van realizar, establecendo o seu impacto no cambio climático (emisións de gases efecto invernadoiro, capacidade de adaptación), que inclúa medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo auga eficiente, etc., e no cal figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea-estatal-autonómica así o require, prestando especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas na Rede Natura 2000.
- d. Información detallada, se é o caso, sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agraria, incluíndo as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.
- f) Permanecer na actividade agraria durante un prazo de 5 anos desde o pagamento final da axuda.
- g) Participar no programa de titorización ás persoas agricultoras novas que presta a Consellería do Medio Rural. O proceso de incorporación deberá ser tutelado polo persoal
- h) Non ter recibido axuda por primeira instalación, nin considerarse instalado.
Cantidade:
- 1. O importe da axuda será de 25.000 euros, que poderá incrementarse ata os 55.000 euros en función da aplicación dos seguintes criterios:
- a) 10.000 euros por ser muller.
- b) 10.000 euros por explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña.
- c) 10.000 euros por explotación de agricultura ecolóxica.
- d) 10.000 euros por titularidade compartida.
- No suposto de que se instalen varias persoas simultaneamente na mesma explotación, os incrementos establecidos nas alíneas b), c) e d) repartiranse a partes iguais entre as persoas que se instalen.
- 2. No caso de incorporación en explotacións intensivas, a axuda limitarase a 25.000 euros.
PLAZO DE PRESENTACIÓN
Hasta el 25 de marzo de 2024