ORDE do 29 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2022 (codigo de procedemento MR440D).

Descarga bases reguladoras – DOG núm 240, 16-Diciembre-2021
BENEFICIARIOS
  • 1.- Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
    • 1.1. Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas cales máis do 50 % da súa facturación proveña dos produtos indicados no anexo IV de acordo co seu último exercicio fiscal cerrado ou cuxa produción supere os 500 hl deses produtos, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.
    • 1.2. Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo aos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
    • 1.3. Organizacións interprofesionais definidas e recoñecidas no ámbito nacional de acordo cos artigos 157 e 158 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro, e recoñecidas por España segundo o disposto na Lei 38/1994, do 30 de decembro, reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias.
    • 1.4. Organizacións profesionais: entenderase como organizacións profesionais aquelas que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño, e que estean recoñecidas no ámbito nacional de acordo coa normativa vixente, e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.
    • 1.5. Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.
    • 1.6. As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño. Entenderanse como tales as agrupacións de viticultores e/ou produtores, persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades para os que se agruparon. Actuarán de conformidade co artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
    • 1.7.- Cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.
    • 1.8.- As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

    No caso das asociacións temporais ou permanentes de produtores, designarase un representante da agrupación, que deberá ter poderes suficientes para poder cumprir as obrigas que corresponden á citada agrupación como beneficiaria das axudas, tal e como establece o artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. Todos os membros da agrupación obterán a condición de beneficiarios, e manteranse na agrupación desde o momento de presentación da solicitude, ata o cesamento das obrigas de control financeiro establecidas pola Lei 38/2003, do 17 de novembro.

  • 2.- Os beneficiarios deberán demostrar, en función do persoal de que dispoñen e, de ser o caso, do tamaño da empresa e a súa experiencia profesional nos últimos anos, que teñen acceso á suficiente capacidade técnica para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e que contan cos recursos financeiros e de persoal suficientes para asegurar que a medida se aplica o máis eficazmente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta a longo prazo fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada unha vez concluída.
CARACTERÍSTICAS DAS ACCIÓNS E PROGRAMAS
  • 1. As accións e programas estarán claramente definidos, especificando o terceiro país ou países ou mercados do terceiro país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as accións e actividades que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.
  • 2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses, que comezarán o 1 de maio de cada ano.
  • 3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto, e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinadas.
  • 4. No caso dos viños que conten con calidade diferenciada, deberá especificarse a orixe do produto como parte das accións ou programas de información e promoción.
  • 5. Sen prexuízo do disposto nos puntos 3 e 4, as referencias a marcas, se é o caso, poderán formar parte da mensaxe.
  • 6. Anualmente, poderán establecerse directrices sobre as campañas de información e de promoción derivadas da aplicación da normativa básica estatal na materia, que se regularán polo disposto nesta orde.
GASTOS SUBVENCIONABLES
  • 1. Con carácter xeral, serán subvencionables os gastos necesarios para desenvolver as accións e actividades de promoción indicadas no anexo III desta orde, coas limitacións sinaladas nos puntos seguintes.
  • 2. Serán subvencionables os gastos administrativos do beneficiario, sempre que os ditos gastos se consignen nunha partida específica do orzamento recapitulativo do programa. Estes gastos incluirán, de ser o caso, os correspondentes ao certificado dos estados financeiros.
  • 3. Tamén se poderán considerar subvencionables os custos de persoal, se se producen con motivo da preparación, execución ou seguimento desa operación subvencionada concreta, incluída a avaliación. Os ditos custos de persoal inclúen os custos do persoal contratado polo beneficiario especificamente con motivo da operación e os custos correspondentes á proporción das horas de traballo investidas na operación por parte do persoal permanente do beneficiario.
  • 4. As condicións para a subvencionabilidade destes e doutros gastos son as establecidas no anexo VIII desta orde.
  • 5. En todo caso, o gasto será subvencionable sempre que:
    • a) Se faga a actividade promocional subvencionada que orixina o gasto dentro da anualidade do programa, isto é, entre o 1 de maio e o 30 de abril.
    • b) O gasto sexa efectivamente pagado polo beneficiario con anterioridade á finalización do prazo de xustificación, é dicir, antes do 1 de xuño.
  • 6. Non se poderán considerar subvencionables os custos referidos no anexo IX desta orde.​
CARACTERISTICAS DAS ACCIÓNS E PROGRAMAS
  • 1. As accións e programas estarán claramente definidos, especificando o terceiro país ou países ou mercados do terceiro país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as accións e actividades que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.
  • 2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses, que comezarán o 1 de maio de cada ano.
  • 3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto, e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinadas.
  • 4. No caso dos viños que conten con calidade diferenciada, deberá especificarse a orixe do produto como parte das accións ou programas de información e promoción.
  • 5. Sen prexuízo do disposto nos puntos 3 e 4, as referencias a marcas, se é o caso, poderán formar parte da mensaxe.
  • 6. Anualmente, poderán establecerse directrices sobre as campañas de información e de promoción derivadas da aplicación da normativa básica estatal na materia, que se regularán polo disposto nesta orde.
FORMA E PLAZO DE PRESENTACIÓNDAS SOLICITUDES

As solicitudes de axuda presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Esta presentación por medios electrónicos será tamén obrigatoria para as persoas físicas e, en particular, para os empresarios autónomos.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requiririda para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e contrasinal Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente.

CONCURRENCIA COMPETITIVA