Axudas directas ás persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas en Galicia. Deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como a compensar os custos fixos en que se incorreu, sempre e cando estes sexerasen entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021. (código de procedemento TR700A).

Descarga bases reguladoras – DOG núm 208, 28-Outubro-2021

+ Ver infografía IV PLAN DE RESCATE

BENEFICIARIOS
  • Persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar por conta propia e profesionais mutualistas en réxime de estimación obxectiva.
  • Persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar por conta propia, profesionais e empresas que teñan unha caída do volume de operacións anual declarado de máis dun 30% no ano 2020 respecto do ano 2019.
  • Persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que continúen coa súa actividade, aínda que non estean de alta no momento de presentación da solicitude e estiveran de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no 2019 ou 2020.
  • – Persoas traballadoras autónomas dadas de alta entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas creadas ou que tiveran realizado una modificación da súa estrutura entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.
EXCEPCIONALMENTE terán a consideración de beneficiarias:

As entidades que tiveran un resultado negativo na base impoñible no imposto de sociedades correspondente ao 2019 cando, na dita declaración, cumpran dúas das tres condicións seguintes:

  • 1. Ter fondos propios superiores á metade do capital,
  • 2. Ter un activo total igual ou superior a 1,5 veces o pasivo total,
  • 3. Ter un activo corrente igual ou superior ao pasivo corrente.

As persoas físicas que tributando en estimación directa no IRPF no ano 2019 obtivera nun resultado positivo nas declaracións do 2017 e 2018.

NON PODERÁN ser beneficiarias:

profesionais ou empresas que foran beneficiarias dos importes máximos establecidos no Real Decreto-Lei 5/2021, do 12 de marzo (isto é,3.000 € ou 200.000 €) das axudas do III Plan rescate da Xunta de Galicia ou superasen o máximo do 40% ou 20% fixado polo Estado no art.3.2-b do RD-l5/2021.

GASTOS SUBVENCIONABLES

A persoa beneficiaria debe destinar a axuda obrigatoriamente conforme a seguinte secuencia:

  • 1. Ao pago das débedas a provedores e outros acredores non financeiros, pendentes a 30 de setembro de 2021 procedentes de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021, por orde de antigüidade, aínda que xa estivese realizado na data de presentación da solicitude,
  • 2. A reducir a débeda con acredores financeiros, primando a redución da débeda con aval público.
  • 3. E no caso de que exista remanente pendente de aplicación:
    • 3.a. á compensación de tódolos custos fixos do 2020 en que se incorrese,incluídas as perdas contables propias da actividade empresarial, sempre que se xerasen entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020 e
    • 3.b. á compensación de tódolos custos fixos do 2021 incorridos entre o 1 de xaneiro a 30 de setembro de 2021, incluídas as perdas contables sempre que teñan o exercicio económico pechado.
CONTÍA DA AXUDA
  • 3.000€ –> Persoas empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva IRPF no ano 2019 e/ou no ano 2020.
  • A axuda mínima será de 4.000€ –> Resto de persoas empresarias, profesionais e empresas, a axuda non poderá superar ningún dos seguintes importes
PLAZO DE PRESENTACIÓN

Desde el 09 de octubre de 2021 hasta el 02 de noviembre de 2021

PLAZO DE EJECUCIÓN

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 29 de novembro de 2021, incluído.

ORZAMENTO

134.470.880 €