Axudas directas ás persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas en Galicia, financiadas cos fondos distribuídos polo Estado en virtude do establecido no título I do Real decreto lei5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19.

Descarga bases reguladoras – DOG núm 110, 11-Xuño-2021

Este III Plan de rescate consta de tres programas:

Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A). Ver cuadro resumen

Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traba-lladoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 mill de € (TR600B). Ver cuadro resumen

Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C). Ver cuadro resumen

Estas axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a débe-da e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos en que se incorrese, sempre e cando estes fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores á entrada en vigor do Real decreto lei 5/2021 do 12 de marzo. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a provedores, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.

PERSOAS BENEFICIARIAS
  • 1. As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas que exerzan unha actividade económica das incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo.
  • 2. As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas que exerzan unha actividade económica que non estean incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, e teñan unha caída do volume de operacións anual, declarado ou compro-bado, dun 40%, ou máis, no ano 2020 respecto do ano 2019.
  • 3. Todas aquelas persoas traballadoras autónomas, profesionais, empresas e entida-des que exerzan unha actividade económica das incluídas no anexo I do Real decreto lei5/2021, do 12 de marzo, que teñan unha caída do volume de operacións anual decla-rado ou comprobado pola Administración, no imposto sobre o valor engadido ou tributo indirecto equivalente de máis dun 30% no ano 2020 respecto do ano 2019.
  • 4. Todas aquelas persoas traballadoras autónomas, profesionais, empresas e entidades que exerzan unha actividade económica que non estea incluídas no anexo I do Real de-creto lei 5/2021, do 12 de marzo, cuxa caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no IVE ou tributo indirecto equivalente sexa dun 40% ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.
  • 5. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tem-pada, sempre que acrediten que continúan coa súa actividade, aínda que non estean de alta no momento de presentación da solicitude e estean de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses nalgún dos anos 2019 ou 2020.
    Para os efectos desta orde, ás persoas traballadoras autónomas que estean de alta durante un período superior a 9 meses aplicaráselle o réxime xeral e non o de tempada.
  • 6. Poderán seren beneficiarias as persoas traballadoras autónomas e empresas dadas de alta ou creadas entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas que teñan realizado unha modificación estrutural da sociedade mercantil entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.
COANTÍA DAS AYUDAS

Programa I: As axudas para este programa para o exercicio económico de 2021 teñen un orzamento de 150.000.000 €.

Programa II: As axudas para este programa para o exercicio económico de 2021 teñen un orzamento de 50.000.000 €.

Programa III: As axudas para este programa para o exercicio económico de 2021 teñen un orzamento de 34.470.880 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.