PRAZO DE PRESENTACIÓN: Un mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.
TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN:

  • Para os programas I e II: xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria competente por razón do territorio.
  • Para os programas III e IV: Secretaría Xeral de Emprego.
  • Concorrencia competitiva.

PERÍODO DE EXECUCIÓN: Desde o 28.08.2016 ata o 16.11.2017. O gasto subvencionable será o efectivamente pagado no dito período.
SOLICITUDE:

  • Para os programas I, III e IV: Unicamente telemática.
  • Para o programa II: Preferentemente telemática, opcional presentación presencial.

PROGRAMA I – FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS
1. PERSOAS / ENTIDADES BENEFICIARIAS: Cooperativas e sociedades laborais
2. ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES: Incorporar, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, persoas socias traballadoras ou de traballo:

  • con carácter indefinido: persoas demandantes de emprego, traballadores/as temporais da cooperativa ou sociedade laboral ou socias a proba.
  • como persoas socias a proba: persoas menores de 30 anos demandantes de emprego.

3. CONTÍAS
3.1 CONTÍAS BÁSICAS
  • incorporación con carácter indefinido: 6.000 € por persoa incorporada.
  • incorporación a proba: 600 € ao mes, entre 6 e 12 meses.
3.2 INCREMENTOS

SÓ PARA INCORPORACIÓN CON CARÁCTER INDEFINIDO: 25% acumulables por cada unha das seguintes circunstancias:

  • se a persoa incorporada é unha muller.
  • se a persoa incorporada ten discapacidade ou está en situación ou risco de exclusión social.
  • se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar no que todos os seus membros están desempregados.
  • se o centro de traballo está situado nun concello rural.
  • se se trata dunha cooperativa xuvenil.
  • se se trata dunha cooperativa xuvenil de nova creación.
3.3 REDUCIÓNS: 50% se é a tempo parcial.
3.4 MÁXIMO / BENEFICIARIA: 67.500 €
PROGRAMA II – FOMENTO DO ACCESO Á CONDICIÓN DE PERSOA SOCIA
A
1. PERSOAS / ENTIDADES BENEFICIARIAS: Persoas demandantes de emprego, socios/as a proba de cooperativas, persoal asalariado dunha cooperativa ou sociedade laboral ou dunha empresa que se transforme nestas.
2. ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES: Acceder á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, e que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado en Galicia.
3. CONTÍAS BÁSICAS: Máximo 6.000 €
4. INCREMENTOS: 25% acumulables por cada unha das seguintes circunstancias:

  • se a persoa beneficiaria é unha muller.
  • se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou está en situación ou risco de exclusión social.
  • se a persoa beneficiaria pertence a unha unidade familiar no que todos os seus membros están desempregados.
  • se o centro de traballo ao que se incorpora a persoa socia está situado nun concello rural.
  • se se trata dunha cooperativa xuvenil.
  • se se trata dunha cooperativa xuvenil de nova creación.
5. REDUCIÓNS: 50% se é a tempo parcial.
6. MÁXIMO / BENEFICIARIA: Estas contías non poderán ser superiores ás que subscriba o socio ou socia en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais segundo o caso, pola súa incorporación.

B
1. PERSOAS / ENTIDADES BENEFICIARIAS: Socias traballadoras ou de traballo a tempo parcial de cooperativas ou sociedades laborais.
2. ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES: Acceder á mesma condición a tempo completo e desenvolver a súa actividade nun centro de traballo situado en Galicia.
3. CONTÍAS BÁSICAS: Máximo 3.000 €
4. INCREMENTOS: 25% acumulables por cada unha das seguintes circunstancias:

  • se a persoa beneficiaria é unha muller.
  • se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou está en situación ou risco de exclusión social.
  • se a persoa beneficiaria pertence a unha unidade familiar no que todos os seus membros están desempregados.
  • se o centro de traballo ao que se incorpora a persoa socia está situado nun concello rural.
  • se se trata dunha cooperativa xuvenil.
  • se se trata dunha cooperativa xuvenil de nova creación.
5. REDUCIÓNS: 50% se é a tempo parcial.
6. MÁXIMO / BENEFICIARIA: Estas contías non poderán ser superiores ás que subscriba o socio ou socia en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais segundo o caso, pola súa incorporación.

C
1. PERSOAS / ENTIDADES BENEFICIARIAS: Persoas demandantes de emprego.
2. ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES: Emprender unha actividade por conta propia e incorprarse nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializar os seus produtos,
obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia.
3. CONTÍAS BÁSICAS: Máximo 6.000 €
4. INCREMENTOS: 25% acumulables por cada unha das seguintes circunstancias:

  • se a persoa beneficiaria é unha muller.
  • se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou está en situación ou risco de exclusión social.
  • se a persoa beneficiaria pertence a unha unidade familiar no que todos os seus membros están desempregados.
  • se o centro de traballo ao que se incorpora a persoa socia está situado nun concello rural.
  • se se trata dunha cooperativa xuvenil.
  • se se trata dunha cooperativa xuvenil de nova creación.
5. REDUCIÓNS: 50% se é a tempo parcial.
6. MÁXIMO / BENEFICIARIA: Estas contías non poderán ser superiores ás que subscriba o socio ou socia en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais segundo o caso, pola súa incorporación.

PROGRAMA III – IMPULSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS COLECTIVOS
1. PERSOAS / ENTIDADES BENEFICIARIAS: Cooperativas e sociedades laborais
2. ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES: Levar a cabo proxectos de:

  • Constitución.
  • Transformación doutras fórmulas empresariais en cooperativas ou sociedades laborais.
  • Lanzamento de novas áreas funcionais ou territoriais de actividade das cooperativas ou sociedades laborais existentes.

3. CONTÍAS
3.1 CONTÍAS BÁSICAS

Ata o 75 % dos gastos seguintes:

  • Elaboración de estudos de viabilidade, de comercialización, auditorías e outros informes análogos necesarios:
    • se integran menos de 10 persoas socias: máximo de 1.000 €
    • se integran 10 persoas socias ou máis: máximo de 2.000 €.
  • Elaboración dos estatutos sociais e regulamentos de réxime interno: máximo 1.000 €.
3.2 INCREMENTOS
  • + 25% se se abre un novo centro de traballo nun concello rural.
  • +25% se é cooperativa xuvenil.
PROGRAMA IV – INTERCOOPERACIÓN E INTEGRACIÓN EMPRESARIAL
A
1. PERSOAS / ENTIDADES BENEFICIARIAS:

  • Cooperativas ou sociedades laborais que participen en proxectos de integración (mínimo dúas participantes) ou colaboración empresarial (mínimo de tres entidades, das cales, como mínimo, dúas deben ser cooperativas ou sociedades laborais, e terán unicamente estas acceso á subvención).
  • Cooperativas de segundo grao e as entidades que resulten dun proceso de fusión realizado no período de execución da orde.

2. ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES: Configuración de proxectos de integración.
3. CONTÍAS BÁSICAS: Ata o 75 % dos gastos seguintes:

  • Asistencia externa para elaboración de estudos e informes: ata 15.000 €
  • Asistencia externa para a xestión e dinamización dos equipos de traballo conxuntos: ata 1.500 €.

6. MÁXIMO / BENEFICIARIA: 5.000 € por cada cooperativa ou sociedade laboral participante, agás no caso de integración empresarial, que se eleva a 10.000 € por entidade. Límite máximo global de 30.000 € por solicitude.

B
1. PERSOAS / ENTIDADES BENEFICIARIAS:

  • Cooperativas ou sociedades laborais que participen en proxectos de integración (mínimo dúas participantes) ou colaboración empresarial (mínimo de tres entidades, das cales, como mínimo, dúas deben ser cooperativas ou sociedades laborais, e terán unicamente estas acceso á subvención).
  • Cooperativas de segundo grao e as entidades que resulten dun proceso de fusión realizado no período de execución da orde.

2. ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES: Actividades de investigación, desenvolvemento e innovación.
3. CONTÍAS BÁSICAS: Ata o 75 % dos gastos seguintes:

  • Asistencia externa para proxectos e estudos de viabilidade: ata 15.000 €
  • Asistencia externa para a xestión e dinamización dos equipos de traballo conxuntos: ata 1.500 €.

6. MÁXIMO / BENEFICIARIA: 5.000 € por cada cooperativa ou sociedade laboral participante, agás no caso de integración empresarial, que se eleva a 10.000 € por entidade. Límite máximo global de 30.000 € por solicitude.

C
1. PERSOAS / ENTIDADES BENEFICIARIAS:

  • Cooperativas ou sociedades laborais que participen en proxectos de integración (mínimo dúas participantes) ou colaboración empresarial (mínimo de tres entidades, das cales, como mínimo, dúas deben ser cooperativas ou sociedades laborais, e terán unicamente estas acceso á subvención).
  • Cooperativas de segundo grao e as entidades que resulten dun proceso de fusión realizado no período de execución da orde.

2. ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES: Comercialización e internacionalización.
Elaboración de proxectos de loxística, distribución conxunta de produtos, oferta integrada de servizos, tendas cooperativas, puntos de atención e outras fórmulas de venda e atención directa ao consumidor e usuario.

CONTÍAS BÁSICAS: Ata o 75 % dos gastos seguintes:

  • Asistencia externa para proxectos técnicos e estudos de viabilidade: ata 15.000 €
  • Asistencia técnica para a xestión de tramitación de certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes conxuntas: ata 1.500 €.

Deseño e creación de instrumentos de comercio electrónico a través da internet excluídos os gastos de mantemento.

CONTÍAS BÁSICAS: Ata o 75 % dos gastos. Máximo 10.000 €.
Deseño, tradución e produción de materiais promocionais para a comercialización conxunta (excluída a impresión de materiais ou produción de copias).

CONTÍAS BÁSICAS: Ata o 75 % dos gastos. Máximo5.000 €.
Misións comerciais e presenza en feiras, mostras e congresos.

CONTÍAS BÁSICAS: Ata o 75 % dos gastos seguintes:

  • Gastos de viaxe á cidade de celebración do evento: máximo 2.500 €.
  • Gastos de alugamento e loxística, asistencia técnica para a organización de eventos e intérpretes: ata 15.000 €.
  • Gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, realización de axendas e/ou seguimento de contactos iniciais: ata 5.000 €.

3. MÁXIMO / BENEFICIARIA: 5.000 € por cada cooperativa ou sociedade laboral participante, agás no caso de integración empresarial, que se eleva a 10.000 € por entidade. Límite máximo global de 30.000 € por solicitude.