
Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais. (Código de procedemento IG300E)

Descarga bases reguladoras – DOG núm 130, 9-Xullo-2021
Achegamos as axudas á dixitalización que publicou a Xunta de Galicia no DOGA do 9/7/2021, coas seguintes características:
DATA DE SOLICITUDE
Dende o 10/07/2021 ata o 30/09/2021 ou esgotamento de crédito.
ELEMENTOS SUBVENCIONABLES:
- 1. Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de “check-in” / “check-out”.
- 2. Sistemas de control de aforo: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
- 3. Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
- 4. Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
- 5. Sistemas e aplicacións de xestión baseados en _Low code automation.
- 6. Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
- 7. Sistemas de cartelería electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
- 8. Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalería (menús, cartas, …).
- 8. Sistemas de balizas.
- 9. Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
- 10. Adaptación da presenza na internet para o efecto do COVID-19, mediante elementos como “bots” de conversación autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas _pick and go_ (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
- 11. Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
- 12. Solucións de mellora da ciberseguridade.
- 13. De maneira excepcional, outros que poidan axudar á devandita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.
BENEFICIARIOS
As entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:
- a) Pequenas empresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.
- b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.
- c) Entidades do tecido asociativo empresarial.
IMPORTES:
80%, co límite máximo de 9.600 euros por empresa.