
A Xunta abriu este mércores o prazo para a adhesión dos establecementos comerciais retallistas aos bonos Activa Comercio que, cun orzamento total de 10 millóns de euros, pretenden «dinamizar e reactivar a economía do comercio de proximidade». O Goberno autonómico indica ademais que o orzamento podería incrementarse en función da evolución do programa, que estará activo en principio ata o 31 de decembro. O obxectivo do programa é incentivar a demanda comercial axudando economicamente as persoas consumidoras e fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña. – (código de procedimiento TR820O)

ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE
Subvenciónase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.
As vendas subvencionadas serán as realizadas no prazo de tres meses contados desde a data fixada no artigo 17 para o lanzamento dos bonos.
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos.
O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da com-pra de acordo cos seguintes criterios:
- + Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
- + Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
NATUREZA DAS AXUDAS
As axudas que se concedan no marco do presente programa terán a consideración de subvencións a fondo perdido non reintegrables.
ESQUEMA ADHESIÓN BONO COMERCIO

REQUESITOS DOS COMERCIANTES
1. Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse a través da web https://www.bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información:
- – Nome e apelidos ou razón social.
- – Establecemento comercial en Galicia.
- – NIF ou CIF.
- – Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
- – Nome comercial.
- – Enderezo do establecemento comercial.
- – Número de teléfono móbil.
- – Correo electrónico.
- – IAE (incluído no anexo I).
- – Data de alta da actividade comercial.
- – Número de persoas traballadoras da empresa ou autónomo.
- – IBAN da conta bancaria.
- – Páxina web do establecemento comercial.
2. O prazo para adherirse ao programa será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comer-ciais retallistas que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
- a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e que reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
- b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.
- c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no ane-xo I desta orde.