A reestruturación e reconversión do viñedo é unha das medidas acordadas na Política Agrícola Común (PAC), dentro da Organización Común do Mercado (OCM única), no marco da aplicación do programa de apoio (2019-2023) ao sector vitivinícola español, que a Consellería do Medio Rural desenvolve ao nivel autonómico, este ano, mediante a Orde do 24 de marzo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia e convócanse para o ano 2021. – Código de procedemento: MR446A

Descarga bases reguladoras – DOG núm 60, 30-Marzo-2021
OBXECTO E RÉXIME DAS AXUDAS
  • 1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia conforme os requisitos e condicións establecidas para esta medida nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do Programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.
  • 2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.
BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas viticultoras e futuros viticultores cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación.

NON PODERÁN SER BENEFICIARIOS
  • + Aquelas persoas viticultoras que contraveñan a normativa vixente en materia de plantacións de viña, para calquera das superficies de viña da súa explotación.
  • + Aquelas persoas viticultoras que renunciasen á axuda dunha operación solicitada en convocatorias anteriores no marco do PASVE 2019-2023, unha vez aprobada, excepto que comunicasen a súa renuncia no prazo de 10 días desde a súa notificación.
  • + Aquelas persoas viticultoras que non solicitasen o pagamento dunha operación, unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude de pagamento dentro do segundo exercicio financeiro posterior ao que se solicitou a axuda, salvo causas de forza maior e circunstancias excepcionais que poden recoñecerse conforme os casos previstos no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha o varias das actividades seguintes:

  • 1. A reimplantación de viñas.
  • 2. A reconversión varietal.
  • 3. A mellora das técnicas de xestión de viñas.

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus baremos estándar de custos unitarios recóllense no anexo VI desta orde.

FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

CONCORRENCIA COMPETITIVA