Las empresas del ocio nocturno podrán pedir durante un mes las nuevas ayudas de la Xunta. Según esta nueva convocatoria de ayudas directas –con un presupuesto de 4 millones de euros– los propietarios de establecimientos de ocio nocturno (discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de fiesta, salas de concierto y otros asimilables), podrán percibir ayudas desde 7.500 euros hasta un máximo de 35.000 euros, en función de la superficie del local.

Descarga bases reguladoras – DOG núm 115, 18-Xuño-2021
PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas e xurídicas que exerzan a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno e resulten afectados pola paralización desta como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención e con-tención da evolución do brote de COVID-19

REQUISITOS
  • 1. Que se trate dun establecemento de lecer nocturno que estivese pechado como consecuencia directa da aplicación da Orde da Consellería de Sanidade do 15 de agosto de 2020.
  • 2. Que exerceran a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno en calquera momento do exercicio económico 2020 e que continúen coa explotación eco-nómica do mesmo establecemento de lecer nocturno no exercicio económico 2021, sen prexuízo de que teñan que permanecer pechados como consecuencia das disposicións sanitarias de prevención e contención da COVID-19.
  • 3. Que non se trate de empresas ou persoas traballadoras autónomas en crise en 31 de decembro de 2019. Todo isto sen prexuízo da posibilidade de conceder axudas ás mi-croempresas e pequenas empresas que estivesen en crise o 31 de decembro de 2019, sempre e cando non se atopen inmersas nun procedemento concursal nin teñan recibido unha axuda de salvamento ou de reestruturación.
  • 4. Que non se atopen en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo10 da Lei9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración res-ponsable da persoa interesada.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vence-mento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal