
Estas axudas teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán (código de procedemento IN201G).

BENEFICIARIOS/AS
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
- 1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de termo ata o último día de prazo para a presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.
- 2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90% dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- 3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
1. Titulares dos obradoiros artesanais. Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais. Deberán ter indubidable interese comercial para o sector artesanal galego:
- – Feiras profesionais de artesanía.
- – Feiras non profesionais.
- – Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2020/21.
2. Concellos. Considéranse actuacións subvencionables a organización e celebración de feiras ou eventos de interese artesanal:
- – Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional.
- – Feiras non monográficas de distintos oficios.
3. Asociacións profesionais e empresariais de artesáns. Considéranse actuacións subvencionables:
- – A organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de distintos oficios e que conten cun mínimo dun 80% de expositores (sobre o total de postos) de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns)
IMPORTE DAS AXUDAS
Con este fin, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 está consignado crédito por importe de 255.000,00€ nas aplicacións orzamenta-rias seguintes para atender as axudas da presente orde:
- a) 06.03.751A.770.3: 130.000,00 euros para titulares de obradoiros artesáns.
- b) 06.03.751A.781.4: 45.000,00 euros para asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns.
- c) 06.03.751A.761.5: 80.000,00 euros para concellos da Comunidade Autónoma de Galicia..
PLAZO DE PRESENTACIÓN
ABIERTO Del 23/07/2021 al 22/08/2021
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
CONCORRENCIA COMPETITIVA
Fuente Imagen: Andreas Lischka