
Bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para 2021 en réxime de concorrencia competitiva (Galicia emprende) – Códigos de procedimiento: IG406F.

Prazo Solicitude
O prazo de presentación comeza o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata 45 días naturais ata 45 días ou ata esgotamento de crédito. (Concorrencia competitiva)
Para resolver y notificar
5 meses dende a publicación.
Prazo de execución e xustificación dos proxectos
Ata a data establecida na resolución da concesión, sen que poida exceder do 31 de xullo de 2021. A solicitude de cobramento deberá presentarse antes do 15 de novembro de 2021 para proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 15 de novembro de 2020, e como máis tarde o 31 de xullo de 2022 no resto de proxectos.
Contía, importe mínimo e proxectos subvencionables
Considerando a alta intensidade da axuda que se concede e na procura da eficiencia da liña de axudas, o 80% da base subvencionable ata un máximo de 400.000,00€, estímase procedente exixir un mínimo de execución aos proxectos aprobados, que se fixa na metade do seu importe. Non se admitirán modificación para reducir a base subvencionable por baixo do 50%.
Serán subvencionables os proxectos emprendedores de creación ou ampliación de pequenas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que na data de presentación da solicitude non teñan máis de 42 meses de antigüidade dende a data de inicio da actividade (primeira alta no IAE). E os proxectos de reemprendemento, entendendo como tal os autónomos que estivesen de baixa continuada de toda actividade económica por conta propia durante un período igual ou superior a 3 anos, neste caso os 42 meses contaranse respecto da primeira alta en actividade económica por conta propia inmediatamente posterior á baixa.
Requisitos dos proxectos
- – Ser técnica, económica e financeiramente viables.
- Ser proxectos completos, é dicir, a realización dos gastos e investimentos subvencionables debe dar como resultado a posta en marcha da actividade ou a súa ampliación.
- Desenvolverse en Galicia.
- A axuda solicitada debe supor un efecto incentivador. Ningún custo incluído na solicitude poderá estar realizado nin comprometido antes da presentación da solicitude.
Incompatibilidade
Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos e gastos. Son compatibles con préstamos que conten con axuda pública sempre que non estea financiada con fondos da UE e que a contía total non supere o 100% dos investimentos e gastos subvencionables.
Financiación
A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de co financiamento do Feder do 80%, computando como co financiamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20% restante.
Beneficiarios
- – Autónomos/as e pequenas empresas segundo a definición da Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, con menos de 42 meses de antigüidade. Incluídas sociedades mercantís, cooperativas, asociación e outras entidades con personalidade xurídica propia; e as sociedades civís, comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia, sempre que conten con NIF e a súa constitución estea documentada e presentada a auto liquidación do imposto de actos xurídicos documentados. A maioría do capital social ou das participación ten que ser propiedade de persoas emprendedoras.
- – Non poderán ser beneficiarios as pequenas empresas que desenvolvan a súa actividade no sector da pesca e da acuicultura, da produción agrícola primaria, do aceiro, do carbón, da construción naval, das fibras sintéticas, do transporte, da produción e distribución de enerxía e das infraestruturas enerxéticas. (Consultar art. 4. 4 das bases reguladoras).