A finalidade da Axencia Galega de innovación é impulsar no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+d+i. – (código de procedimiento IN848D)

BENEFICIARIOS
  • 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicitan a axuda.
  • 2. Os beneficiarios das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 20 da presente resolución.
REQUISITOS E OBRIGACIONES
  • a) Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda.
  • b) Os beneficiarios das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financiera e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condición se determinarán o documento que establece asa condición da axuda (DECA).
  • c) A duración mínima será dun ano e a máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2022.
CONTÍA DA AXUDA

A contía máxima da axuda que pode ser concedida e dun 50% para cada plan de innovación

  • – Axudas á innovación en favor das pemes (50%).
  • – Axudas á innovación en materia de procesos e organización (50%).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Neste caso 7 de Xuño.

ORZAMENTO

O orzamento subvencionable será dun mínimo de 80.000€ e dun máximo de 200.000 €.

CONCORRENCIA COMPETITIVA