Estas axudas destinadas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia teñen como obxectivo compensar as perdas pola caída de ingresos derivados da redución de aboados e público, así como poder afrontar as cotas federativas. (Código de procedemento DE402A).

Descarga bases reguladoras – DOG núm 184, 23-Setembro-2021
LIÑAS DE ACTUACIÓN SUBVENCIONABLES

Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2021, un crédito por importe total de catro millóns de euros (4.000.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.441A.481.0, en función das seguintes liñas de actuación subvencionables:

Liñas de Actuación Aplicación
Liña I. Axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional 04.40.441A.481.0
Liña II. Axudas para a compensación de minoración de ingresos 04.40.441A.481.0
Liña III. Axudas ás federacións deportivas galegas 04.40.441A.481.0

O total do crédito dispoñible distribuirase primeiramente ata o 70 % para a liña I, ata o 20 % para a liña II e ata o 10 % para a liña III.

No caso de que o crédito dalgunha das liñas de actuación non se esgote, a cantidade resultante incrementará o orzamento destinado ás outras liñas de actuación dedicándose en primeiro lugar á liña de actuación I, e sucesivamente ás liñas de actuación II e III.

PODERÁN SER BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas que reúnan os seguinte requisitos:

  • a) Das axudas da liña I (axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional) os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais non profesionais organizadas polas respectivas federacións deportivas da súa respectiva modalidade deportiva, nas tempadas 2019/2020, 2020/2021 ou en 2020 ou 2021.
  • b) Das axudas da liña II (axudas para a compensación de minoración de ingresos), os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais non profesionais organizadas pola federación deportiva española da súa respectiva modalidade deportiva, así como os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas ou seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais nas categorías absolutas previas á estatal, nas tempadas 2019/2020, 2020/2021 ou en 2020 ou en 2021.
  • c) Das axudas da liña III (axudas ás federacións deportivas galegas), as federacións deportivas galegas que se atopen inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e que, co fin de facilitar a celebración de competicións na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos, 2020 ou 2021, segundo a modalidade de competición da respectiva federación, minoranse as cotas de inscrición (cota de inscrición de cada club e, se é o caso, dos respectivos equipos) nas súas competicións oficiais.

De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia:

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Desde o 24 de setembro de 2021 ata o 23 de outubro de 2021

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se inclúe como anexo I, dirixida aos servizos provinciais de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da provincia onde teñan o seu domicilio.

AXUDAS DIRECTAS