PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES HASTA: 1 de mayo de 2017.
PRAZO DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN:

  1. Anualidade 2017 — 15/09/2017
  2. Anualidade 2018 — 30/11/2018

IMPORTE DA AXUDA: de 20.000 a 70.000 euros.
CONCESIÓN: Concurrencia competitiva.
ORZAMENTO:

  • 2017 — 2.171.332
  • 2018 — 328.668

PROXECTOS OBXECTO DE APOIO:

  1. Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio
    territorial, tanto en termos económicos como sociais.
  2. Actividades. Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:
    • Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.
    • Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
    • Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos…).
    • Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
    • Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
    • Artesanía e actividades artesanais.
    • Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
    • Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, servizos técnicos, contabilidade, veterinaria.
    • Comercio ao retallo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
    • No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.


BENEFICIARIOS:

  1. Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
  2. As microempresas e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.
  3. As persoas físicas que residan nunha zona rural, ben para crearen unha nova empresa ben para seguiren traballando na preexistente como traballadores por conta propia.