
O Concello destina 70.000 euros do orzamento municipal para axudar directamente ás empresas do sector da hostalería e restauración para compensar os efectos económicos das restricións establecidas a causa da Covid-19.

PERSOAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán solicitar esta subvención aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que realicen unha actividade económica no termino municipal de Caldas de Reis e acrediten os seguintes requisitos:
- 1. Persoas físicas e asimilados, así como as entidades sen personalidade xurídica e as persoas xurídicas, que exerzan a súa actividade e teñan o seu centro de traballo no termino municipal de Caldas de Reis, en situación de alta nalgún dos grupos de epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) pertencentes á hostelería.
- 2. Ter en Caldas de Reis, o seu domicilio fiscal, e o centro de traballo onde se desenvolva a actividade obxecto da axuda.
CONTÍA DA AXUDA
Concederase só unha axuda por establecemento por un importe de 750 €. Dito importe pode verse incrementado no caso de que, tras o remate do prazo de presentación, resulte un remanente do importe presupostado.
Dito importe deberá ser destinado ó pago de gastos correntes do solicitante.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo para presentar solicitudes será de 15 días naturais dende o 25 de Septembro de 2021.
PRESUPUESTO
70.000,00 euros.