
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar as axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras do sector do espectáculo con motivo da paralización da súa actividade a causa das medidas adoptadas ocasionadas pola COVID-19. – (código de procedimiento TR820O)

BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias estas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas traballadoras que reúnan os seguinte requisitos:
- a) Que estivesen contratadas por conta allea en empresas cuxa actividade económi-ca se encadre nos códigos 5920, 7021, 7721, 7739, 8552, 9001, 9002, 9003 e 9004, da Clasificación nacional de actividades económicas en centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia cumprindo a seguinte condición:
- – Acreditar durante o ano 2019 un mínimo de 50 días nas empresas cos códigos CNAE sinalados e que este tempo, ademais, constitúa como mínimo o 75 % das xornadas totais traballadas nese ano.
No suposto de contratos a tempo parcial, estes computaranse proporcionalmente á súa xornada de traballo.
- – Acreditar durante o ano 2019 un mínimo de 50 días nas empresas cos códigos CNAE sinalados e que este tempo, ademais, constitúa como mínimo o 75 % das xornadas totais traballadas nese ano.
- b) Acreditar que durante o período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020 estivese contratado por conta allea un máximo de 7 días.
2. Non poderán ser beneficiarias as persoas nas que concorran algunha das circuns-tancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
CONTÍA DA AXUDA
A contía da subvención consistirá nunha axuda de 500 euros mensuais, durante os meses en que non se tivese recoñecida ningunha prestación pública dentro do período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020.
Os períodos inferiores ao mes serán rateados proporcionalmente.
A percepción desta axuda é incompatible coa percepción da prestación por desemprego, invalidez ou xubilación ou calquera outra de carácter público durante o período recollido no artigo 4 desta orde.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.