
Estas axudas van dirixidas a apoiar o sector libreiro galego, no que se refire aos gastos derivados das actividades destinadas ao fomento da promoción da lectura e de difusión do libro e de creadores galegos (escritores/as, ilustradores/as e tradutores/as) ou de fóra de Galicia, en 2021. – (código de procedemento CT213A)

ENTIDADES BENEFICIARIAS
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten a súa condición de titulares de librarías e desenvolvan a súa actividade en Galicia, de acordo co establecido nesta orde.
2. En todo caso, estarán suxeitas ás limitacións que establece o punto seguinte deste artigo.
3. Non se poden beneficiar das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
IMPUTACIÓN ORZAMENTARIA E CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS
- a) As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.770.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, por un importe de 30.000 €.
- b) Quedarán excluídas desta axuda aquelas librarías que, logo de aplicado o baremo previsto nesta orde, acaden unha puntuación inferior ao 50 % do máximo total.
- c) A axuda non pode superar en ningún caso os 3.000 € por libraría.
- d)Este importe inicial pode ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións, de acordo co disposto no arti-go 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- e) O importe final adxudicado a cada entidade determinarase proporcionalmente ao resultado da valoración resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 11 desta orde, coas limitacións establecidas neste artigo.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Ata o 12 Junio de 2021, é decir, un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.