A finalidade desta axuda é estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais. – Código de procedemento: IG253
Descarga bases e convocatoria – DOG núm 22, lunes 3-febrero-2020
Descarga Extracto das bases – DOG núm 22, lunes 3-febrero-2020
Poderán beneficiarse desta axuda?

1. As pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

REQUISITOS:

  • a) Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia para desenvolver algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases.
  • b) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

  • a) As empresas que propoñan un proxecto para unha actividade pertencente a un sector excluído segundo o disposto no artigo 5.1. das presentes bases.
  • b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
  • c) As empresas en crise.
  • d) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
Que proxectos subvenciónanse?
  • 1. Aqueles proxectos de investimento en activos fixos vinculados a algunha das seguintes tipoloxías:
    • 1.1. Creación dun novo establecemento.
    • 1.2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
    • 1.3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo.
    • 1.4. Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.
    • 1.5. No sector da hostaleira só serán subvencionables os seguintes proxectos de investimento:
      • – A creación de novos establecementos hoteleiros coas seguintes categorías mínimas: hoteis de catro estrelas, cando os novos establecementos estean ubicados nos termos municipais de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago ou Ferrol, ou hoteis de tres estrelas no resto de localizacións.
      • – En establecementos hoteleiros xa existentes, os investimentos necesarios para incrementar a categoría preexistente, sempre que a categoría acadada co investimento sexa igual ou superior ás indicadas no parágrafo anterior para as zonas xeográficas indicadas.
  • 2. Dimensión do proxecto de investimento:
    • – O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 € e non superior a 2.000.000 €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.
    • -No caso dos proxectos do apartado 1.3. anterior, o investimento subvencionable deberá, ademais, superar o 200 % do valor neto contable dos activos que se reutilizan, de acordo cos rexistros do balance de situación ao fin do exercicio económico anterior ao comezo do proxecto.
    Actividades subvencionables

    – Investimentos realizados para o desenvolvemento de actividades relacionadas no anexo II destas bases, excluíndose as seguintes:

    • a) As empresas dedicadas á produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura.
    • b) As actividades de produción e comercialización dos produtos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea e as actividades de transformación de productos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea en productos agrícolas enumerados no dito anexo I.
    • c) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector do transporte, así como as infraestruturas conexas e a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

    – Os proxectos de carácter innovador levados a cabo por pemes que desenvolvan calquera actividade, excepto as relacionadas nas letras a), b) e c) do apartado 1 do presente artigo. A estes efectos, para que a actividade poida considerarse subvencionable, será preceptivo o informe da Axencia Galega de Innovación (Gain) que acredite o carácter innovador do proxecto.

    Cuantía de la ayuda:

    A contía da axuda será o resultado de multiplicar a porcentaxe de subvención aprobada polo importe do investimento subvencionable.

    En todo caso, a intensidade máxima de axuda será de 30 puntos porcentuais no caso das pequenas empresas e de 20 puntos porcentuais no caso das medianas empresas.

    Plazo de presentación de las solicitudes:

    Hasta el 30 de diciembre de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

    Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva..