
PROGRAMA CENTROS DE FABRICACIÓN AVANZADA. O obxecto destas axudas é o de apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento do entorno das empresas e os consumidores, e a modernización e desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade – Código de procedimiento: IG264

Descarga bases reguladoras – DOG núm 4 de 8 de enero de 2020
Poderán beneficiarse desta axuda?
Pequenas e medianas empresas (pemes) que adopten a forma xurídica de Sociedade Limitada ou Sociedade Anónima e se constitúan especificamente para a explotación da infraestrutura proposta, sen posibilidade de executar actividades non relacionadas con ela.
REQUISITOS:
- a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable.
- b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 20% dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
- c) Que conten cun mínimo de 3 socios e que polo menos 3 socios teñan unha participación superior ou igual ao 10%. Se algún dos socios empresariais non é unha peme, a súa participación deberá ser inferior ao 25%.
- d) Que conten con acordos societarios elevados a públicos que aseguren o cumprimento destas condicións no caso de transmisión da propiedade durante o período de mantemento do investimento definido no artigo 15.a destas bases.
- e) Que teñan sede social en Galicia.
Non poderán ter a condición de beneficiarias:
- a) As empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura.
- b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
- c) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014.
- d) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
Que proxectos subvenciónanse?
Serán subvencionables os proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o entorno das empresas e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial, e que cumpran os seguintes requisitos:
- a) Estarán a disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo que se cobrará polo uso ou venda das infraestruturas será o prezo de mercado.
- b) Deberán permitir a utilización por parte dos seus destinatarios mediante unha estrutura de servizos tarificables en función do uso ou consumo que se realice. Non serán subvencionables os proxectos nos que o solicitante ou un terceiro utilice de xeito exclusivo ou maioritario a infraestrutura para si ou para a execución de proxectos para terceiros. Aos efectos destas bases considerarase utilización maioritaria por parte dun terceiro á que supere o 75% da facturación da infraestrutura.
- c) A concesión ou outro tipo de atribución a terceiros para explotar as infraestruturas realizarase sobre unha base aberta, transparente e non discriminatoria, tendo debidamente en conta as normas de contratación pública aplicables.
- d) Deberán prestar servizos que non estean dispoñibles localmente no momento da solicitude, ou servizos cuxa oferta local non se axuste ás necesidades das empresas.
Contía subvencionable:
- 1. O importe da axuda calcularase como a diferenza entre os investimentos subvencionables e o beneficio de explotación ao longo do período de explotación do negocio definido no punto 4 deste artigo, e non poderá superar os 10.000.000 euros.
- 2. Entenderase como beneficio de explotación para os efectos destas axudas a diferenza entre os ingresos actualizados e os custos de explotación actualizados mentres dure o investimento de que se trate. Para o cálculo utilizarase unha taxa de desconto do 4%. Se esta diferencia é negativa, o beneficio de explotación será nulo.
- 3. Entenderase como custos de explotación para os efectos destas axudas os custos de persoal, materiais, servizos contratados, comunicacións, enerxía, mantemento, alugueres ou administración, excluíndo os gastos de amortización e os custos de financiamento se se cubriron mediante axudas ao investimento (incluída, pero non limitada á presente axuda). En particular, serán considerados custos de explotación:
- a) O importe dos seguros que se establecen como obrigatorios no artigo 15.b) destas bases.
- b) A amortización correspondente a substitución do investimento subvencionable debido á obsolescencia ou avaría.
- c) A amortización correspondente ao reforzo e mellora da infraestrutura, sempre que non se financie mediante axudas ao investimento.
- 4. A axuda concederase en base ao plan de viabilidade que presente o solicitante (segundo o modelo de plan económico e cálculo da subvención incluído no formulario electrónico desolicitude). O plan de viabilidade referirase a un período de 10 anos desde a posta en marcha da infraestrutura. Se o período de amortización da infraestrutura fose superior aos 10 anos, o valorresidual dos activos subvencionados deberá terse en conta para o cálculo do beneficio deexplotación, mediante o cálculo do valor neto actual dos fluxos de efectivo nos anos de vida útilrestantes do investimento.
Prazo de presentación das solicitudes:
Ata o 9 de Marzo de 2020.
Prazo de execución dos proxectos:
Ata o 30 de Abril de 2022.
Concurrencia competitiva.