A Xunta crea unha liña de subvencións que por vez primeira terá como destinatarias directas as empresas galegas de exhibición cinematográfica de carácter comercial. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases desta nova convocatoria, dotada con 350.000 euros e dirixida a apoiar proxectos de adaptación das salas de cinema, así como á súa programación e actividades de promoción. – (código de procedimiento CT207C)

Descarga bases reguladoras – DOG núm 79, 28-Abril-2021
BENEFICIARIOS

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais re-quisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, titulares ou arrendatarios salas de exhibición cinematográfica independentes, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmen-te para a exhibición comercial de películas cinematográficas.

2. Só se poderá presentar un único proxecto por local. As empresas titulares de máis dun local poderán presentar un máximo de tres proxectos.

3. As salas deberán estar en funcionamento un mínimo de tres meses durante o período subvencionable, salvo por imposibilidade derivada da COVID-19.

PROXECTOS FINANCIABLES
  • A. Implantación de tecnoloxía dixital para a venda de entradas ou adaptación dos sis-temas xa existentes aos condicionantes derivados da pandemia, compra de dispositivos para o control de accesos, produción de vídeos ou outros materiais explicativos das medi-das de seguridade adoptadas.
  • B. Campañas orientadas á reapertura e/ou á captación de público: estudos de impac-to, campañas individuais ou colectivas de comunicación e márketing, deseño e realización dos materias utilizados nas ditas campañas, compra de espazos publicitarios e outras ac-cións dirixidas ao fin proposto.
  • C. Programacións especiais ou regulares, dun mínimo dunha semana consecutiva en carteleira, de cine galego (autoria e/ou produción galega): áreas temáticas, monográficos de autores, curtametraxes…
  • D. Programacións especiais ou regulares, dun mínimo dunha semana consecutiva en carteleira, de cinema europeo ou de terceiros países con baixa representación na cota de pantalla anual por número de sesións.
  • E. Realización de campañas orientadas á promoción da cinematografía galega como poden ser eventos de presentación de películas, organización de coloquios relacionados cos títulos exhibidos, presenza de autores e membros do equipo nas proxeccións ou outros que fomenten a interacción entre as películas e o seu público.
  • F. Promocións de entradas a prezo especial ou invitacións dirixidas ao público infantil ou xuvenil e a colectivos profesionais especialmente recoñecidos pola súa implicación du-rante a pandemia sanitaria.
CONTÍA DA AXUDA

A contía máxima de axuda poderá chegar ao 100 % do custo do proxecto e quedará suxeita aos seguintes límites:

Os períodos inferiores ao mes serán rateados proporcionalmente.

  • – Cines de 1 a 3 pantallas: ata 9.000 euros.
  • – Cines de 4 a 6 pantallas: ata 11.000 euros.
  • – Cines con 7 ou máis pantallas: ata 13.000 euros.

Estas contías poderanse incrementar nos seguintes casos:

  • – Para os cines situados en localidades de menos de 25.000 habitantes, a cantidade máxima establecida poderá acadar 1.000 euros máis.
  • – Para os cines nos que máis do 50 % das películas non nacionais programadas se proxecten en versión orixinal e sexan computadas sobre a totalidade de sesións realiza-das durante o período subvencionable, a cantidade máxima establecida poderá acadar 2.000 euros máis.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 29 de abril ao 28 de maio de 2021

CONCORRENCIA NON COMPETITIVA