
Axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras que se encontren afectadas por un ERTE derivado da COVID-19, con suspensión total ou parcial do seu contrato. (Código de procedemento TR820G).

PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas que reúnan os seguinte requisitos:
- a) Persoas traballadoras por conta allea, incluídas as persoas traballadoras fixas descontinuas, ou socias traballadoras de sociedades laborais e de cooperativas de traballo asociado en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia que se viron afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego a consecuencia da COVID-19.
- b) Que se encontren incluídas nun ERTE no período temporal do 14 de marzo de 2020 ao 31 de xullo de 2021, ambos inclusive, polo menos 12 meses, aínda que sexa de maneira interrompida.
- c) Que o importe da totalidade dos rendementos declarados durante o período impositivo 2020 no imposto sobre a renda das persoas físicas non excedese 14.000 euros.
CONTÍA DA AXUDA
A contía da subvención consistirá nunha axuda de 500 euros por persoa beneficiaria, ata esgotar os fondos habilitados no orzamento previsto para este fin.
COMPATIBILIDADE
As axudas recibidas ao abeiro desta orde non serán compatibles coas axudas ás persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE ETOP) de suspensión de contratos ou redución da xornada (TR820F) (Orde do 19 de xuño de 2020).
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Desde o 24 de setembro de 2021 ata o 23 de outubro de 2021
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de axuda serán formalizadas directamente pola persoa traballadora ou por persoa representante debidamente acreditada mediante a correspondente autorización ou aceptación, utilizando o anexo I da presente orde. Así mesmo, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.