O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do Igape coa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora nas pemes galegas, no ámbito do programa Reacciona.

O obxecto destas axudas é a concesión de 100 bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa.

Os titulados incorporaranse a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a continuación realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clusters empresariais, período no que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.

Duración:

1 ano (prorrogable por 4 meses adicionais).

Dotación económica:

10.800 € brutos anuais.

A convocatoria está aberta a universitarios galegos que obtivesen a súa titulación en 2011 ou anos posteriores. O prazo para a presentación de solicitudesrematará o próximo 14 de setembro.

Os titulados incorporaranse en primeiro lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a continuación realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clusters empresariais, período no que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.

Mais información en: http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/asesoramento/bolsas-re-acciona