Ata o día 25 do próximo mes de outubro estará aberto o prazo de presentación de solicitudes das axudas para novos emprendedores (Programa Galicia Emprende), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Poderán beneficiarse desta axuda?
  1. As pequenas e medianas empresas que cumpran as seguintes condicións:
    1. a) Composición do capital, no caso de sociedades mercantís:
      1. 1º. O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia á data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels. Cando da documentación e datos que consten no expediente, se deduza que se produce continuidade empresarial, por baixa recente (antigüidade menor a un ano) nunha actividade que é igual ou similar á que se propón como nova, ou por razóns que permiten concluír unha continuidade de empresa preexistente, poderase denegar motivadamente a axuda.
      2. 2º. A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que si estean desenvolvendo outras actividades económicas na data de solicitude, non poderá exceder conxuntamente o 49%. Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20% no capital e sen outra actividade económica por conta propia á data de solicitude, deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda desde o día da dita solicitude) e ata o fin do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.
    1. b) Antigüidade na actividade empresarial:
      1. 1º. No caso dos autónomos a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda desde o día da dita solicitude).
      2. 2º. No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.
    1. c) Contribución financeira exenta de axudas públicas:
    Non poderán ser beneficiarias
    1. 1. As agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica. Para o caso das sociedade civís, poderán ser beneficiarias aquelas que acrediten constitución en escritura pública e inscrición no Rexistro Mercantil.
    2. 2. Non se concederán axudas a empresas en crise.
    3. 3. Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
    4. 4. Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3. da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei de subvencións.
    Requisitos principais do proxecto?
    1. 1. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
      1. a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
      2. b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
      3. c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
    2. 2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25% do capital dunha sociedade mercantil.
    3. 3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases:
      1. a) No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda desde o día da dita solicitude).
      2. b) No caso de sociedades, cando a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.
    Contía das axudas

    Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 20% dos investimentos subvencionables, e ata o 30% se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos do artigo 5.1 f), que poderán chegar ao 10% no caso de medianas empresas e ao 20% no caso de pequenas empresas.

    No suposto de que esta axuda concorra co financiamento previsto no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, as porcentaxes de subvención antes citadas poderán reducirse para cumprir os límites de intensidade de axuda máximos. Do mesmo xeito, tamén poderán reducirse as porcentaxes de subvención para cumprir co límite mínimo do 25% de financiamento exento de axuda pública.

    Cál é o prazo de presentación das solicitudes?

    1ª convocatoria 2018 dende o 26/06/2018 ata o 27/07/2018

    2ª convocatoria 2018 dende o 30/07/2018 ata o 25/10/2018

    ¿ E o prazo de execución?

    O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de xuño de 2020.

    Para os proxectos da 1ª convocatoria, o prazo máximo de execución será o 31 de xaneiro de 2020 e o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 10 de febreiro de 2020.

    Para os proxectos da 2ª convocatoria, o prazo máximo de execución será o 15 de xuño de 2020 e o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 25 de xuño de 2020.8

    Información
    1. – No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
    2. – A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
    3. – Nas oficinas territoriais do IGAPE a través do sistema de cita previa http://citaprevia.igape.es/